jueves, 9 de junio de 2016

as instruccións do noso xogo

O xogo contén:
Catro fichas
Tableiro (mapa)
Dado
Tarxetas coas preguntas correspondentes aos números das casillas

Instruccións:
1- De dous a catro xogadores.
2- Para decidir quen comeza, cada xogador tira o dado e o que saque o número máis alto decide os turnos de tirada.
3- Comézase na casilla de saída e vaise avanzando correspondendo ao número que saque no dado.
4- Cada casilla ten un número que se corresponde cunha das preguntas, se o xogador/xogadora acerta a pregunta volve a tirar e avanza, se a súa resposta non é correcta pasa o turno ao seguinte.
5- As casillas especiais de cor negra "Tira outra vez" indican que o xogador volve a tirar o dado.
6- As outras casillas especiais de cor vermella indican a volta á casilla de saída.
7- O que primeiro chegue á casilla de "Final" gañará o xogo.

As nosas preguntas corrixidas

http://es.slideshare.net/Alejandramirandaseoa/xogo-xeografa

As nosas correccións das preguntas dos compañeiros de A

https://es.scribd.com/doc/313932409/Preguntas-Asia


Deixamos o enlace ás preguntas xa que temos problemas para publicalas nós, todas están ben menos a número 15.

15. Cal é o río mais longo de Asia?

a) Yangsté
b)Obi
c)Ganxes
d)Huang He

domingo, 5 de junio de 2016

PLAN DE EQUIPO

1. Que queremos facer? Temos pensado facer unha "oca" cos países. Trátase dun tableiro con casillas de cores, correspondentes á economía, medio físico, política e desenvolvemento humano. Teremos uns sobres coas respectivas preguntas e en cada unha poderemos mostrar unha gráfica sen dicir de que país é, os xogadores e xogadoras terán que tirar o dado e respostar á pregunta do país e do indicador que lle corresponda. O obxectivo é chegar ao final, se respostan ben continúan co xogo, senón pasa o turno ao seguinte.
2. Como o queremos facer? PASOS: Para comezar precisamos un mapa de Asia meridional, un dado grande, sobres e facer as casillas de cores. As poñeremos no tableiro e asociaremos os sobres con números. COORDINACIÓN: Coordinadora: Iria Axudante: Alejandra Encargada de material: Marina Mediador: Jacobo