viernes, 18 de noviembre de 2016

SESIÓN 2

Nesta sesión estivemos buscando información sobre fechas en personaxes relevantes da recolución frances de 1830, buscando  paxinas fiables e ademáis comezamos co timeline e nos enteramios un pouco do que trata esta revolución.

viernes, 11 de noviembre de 2016

SESIÓN 1

Nesta sesión comezamos coa segunda unidade e empezamos a poñernos de acordo coas normas e cargos de cada membro do grupo, todos estivemos dando ideas e compartindo opiniones e chegamos a acordos de comportamiento e traballo.

PLAN DE EQUIPO


Cada persoa deberá facer o traballo que se lle asigne na clase. Se non remata na sesión, os demais membros/as do grupo xulgarán se estivo traballando ou non: se estivo traballando, o traballo será rematado cada vez por un/unha membro/a do grupo, pero se non traballou na clase terá que rematalo el/ela na casa. As partes que non sexan realizadas quedarán en branco e co nome da persoa que non o fixo.

CADERNO DE EQUIPO

Cargos e funcións

Coordinador: Miguel Alonso, encargarase de organizar e repartir o traballo e supervisar que todo o traballo se fai ao día.
Axudante: Diego Pardo, axudará a todos os cargos do grupo e substituirá aos demais na súa ausencia.
Motivadora: Alejandra Miranda, encargarase de motivar a tódolos membros do grupo e revisar o traballo realizado polos meus compañeiros.
Mediadora: Mª del Pilar Barros, terá como función que non haia problemas entre os integrantes do grupo e se os fai resolvelos de forma asertiva.

viernes, 28 de octubre de 2016

Monarquía parlamentaria

1.- Definición : 

É un modo de goberno onde o monarca ten poderes limitados por unha institución que recibe o nome de Parlamento e que se rexe por un conxunto de leis establecidas (Constitución). Neste tipo de goberno os poderes divídense en tres: xudicial, executivo e lexislativo e o Parlamento regula o normal funcionamento do Reino, colaborando co Rey e impoñendo certas estruturas e límites ao seu mandato sobre todo no poder lexislativo. Este tipo de monarquía foi desenvolvida a finais do século XVIII nalguns países europeos , na que o Parlamento exrce o goberno do país 

2.- Exemplos: 

- No ano 1689, tras acabar coa monarquía absoluta dos Estuardo, o Parlamento inglés obrigou ao novo monarca, Guillermo de Orange, a xurar a Declaración de Dereitos (The Bill of Rights), na cal se limitaba os poderes do monarca e sometíase algunhas das súas decisións ao Parlamento
-
3.- Fonte historica:

Bill of rights 

"Considerando que los Lores espirituales y temporales y los Comunes reunidos en Westminster, representando legal, plena y libremente a todos los estamentos del pueblo de este reino presentaron el 13 de febrero del año de Nuestro Señor de 1688, a Sus Majestades, entonces conocidas con los nombres y títulos de Guillermo y María, príncipes de Orange, una declaración escrita, redactada por los mencionados Lores y Comunes en los siguientes términos"

Este texto é de natureza xurídica xa que se trata dunha declaración de dereitos na que o  monarca,  tivo que asinalo ante o Parlamento para poder desempeñar a función de rei. É de fonte primaria xa que está escrito pola pobocaión da epoca, esta declaración foi asinada por guillermo de orange o día 13 de febrero do 1689. Nesta epoca en toda europa reinaba unha monarquía absolutistas ( os poderes do estado concentrabanse todos nunha soa persoa, no rei) menos en Inglaterra onde reinaba unha monarquía parlamentaria na cal existía unha supremacía do parlamento sobre o rei e os poderes separavanse en diferentes organos. En canto ao autor, é colectivo, xa que é elaborado e asinado polos Lores e os Comúns que conformaban o Parlamento do estado inglés.O destinatario é público e vai dirixido a un colectivo, neste caso non só o novo monarca
senón tamén á sociedade inglesa. 

4.-Para elaborar este documento empreguei bastantes fontes de información :
para concluir unha definición correcta utilicei: http://definicion.de/monarquia/  e o libro de texto  ciencias sociais rodeira 
para poñer exemplos busquinos en: http://historiaybiografias.com/parlamento_ingles/
 para atopar unha fonte historica e analizala: https://archivos.juridicas.unam.mx/www/bjv/libros/6/2698/20.pdf
e o libro de texto ciencias sociais rodeira


jueves, 9 de junio de 2016

as instruccións do noso xogo

O xogo contén:
Catro fichas
Tableiro (mapa)
Dado
Tarxetas coas preguntas correspondentes aos números das casillas

Instruccións:
1- De dous a catro xogadores.
2- Para decidir quen comeza, cada xogador tira o dado e o que saque o número máis alto decide os turnos de tirada.
3- Comézase na casilla de saída e vaise avanzando correspondendo ao número que saque no dado.
4- Cada casilla ten un número que se corresponde cunha das preguntas, se o xogador/xogadora acerta a pregunta volve a tirar e avanza, se a súa resposta non é correcta pasa o turno ao seguinte.
5- As casillas especiais de cor negra "Tira outra vez" indican que o xogador volve a tirar o dado.
6- As outras casillas especiais de cor vermella indican a volta á casilla de saída.
7- O que primeiro chegue á casilla de "Final" gañará o xogo.

As nosas preguntas corrixidas

http://es.slideshare.net/Alejandramirandaseoa/xogo-xeografa

As nosas correccións das preguntas dos compañeiros de A

https://es.scribd.com/doc/313932409/Preguntas-Asia


Deixamos o enlace ás preguntas xa que temos problemas para publicalas nós, todas están ben menos a número 15.

15. Cal é o río mais longo de Asia?

a) Yangsté
b)Obi
c)Ganxes
d)Huang He

domingo, 5 de junio de 2016

PLAN DE EQUIPO

1. Que queremos facer? Temos pensado facer unha "oca" cos países. Trátase dun tableiro con casillas de cores, correspondentes á economía, medio físico, política e desenvolvemento humano. Teremos uns sobres coas respectivas preguntas e en cada unha poderemos mostrar unha gráfica sen dicir de que país é, os xogadores e xogadoras terán que tirar o dado e respostar á pregunta do país e do indicador que lle corresponda. O obxectivo é chegar ao final, se respostan ben continúan co xogo, senón pasa o turno ao seguinte.
2. Como o queremos facer? PASOS: Para comezar precisamos un mapa de Asia meridional, un dado grande, sobres e facer as casillas de cores. As poñeremos no tableiro e asociaremos os sobres con números. COORDINACIÓN: Coordinadora: Iria Axudante: Alejandra Encargada de material: Marina Mediador: Jacobo

sábado, 19 de marzo de 2016

jueves, 28 de enero de 2016

Exposición do proxecto ( guión )

Neste proxecto de empresas sustentables tivemos que traballar en grupo, pero non todas as cousas que tiñamos que facer se fixeron grupalmente, tamén houbo partes individuais e traballo na casa, algunhas das cousas que tiven que facer eu son : búsquea de empresas para despois elegir unha entre todo o grupo,  investigación da empresa, ver cales eran  características sustentables na empresa escollida …..pero a maioría do traballo foi en grupo, entre todos.  Cando xa tivemos a primeira parte de búsquea de información e elección da empresa fomos a facerlle unha visita a empresa escollina,a nosa empresa escollida foi “kiwi atlántico”  e fixemos unha visita polas instalacións, onde nos foron explicando o recorrido do produto dende que se recolle do campo ata que se vende e fixémoslle unha entrevista dirixente a empresa en Vigo.
A verdade es que sempre costa máis facer traballos en equipo xa que temos que estar todos de acordo e temos que axudar aos demais, non podes facer o que che de a gana, o que fai que resulte máis complicado pero neste proxecto eu creo que traballamos todos ben e que todos puxemos interes no traballo, algúns máis ca outros pero traballamos ben, a lo mellor  un pouco lentos pero ben. Deste proxecto podemos sacar moitas conclusións, aprender cousas novas, e non só de sociais se non de traballo en equipo e de realizar traballos con persoas distintas, eu o que máis aprendín e ao traballo en equipo con persoas coas que nunca estiven e tamén moita información de empresas e coñecer unha empresa sustentable.

Na miña opinión o mais difícil foi, ádemas de traballar en equipo, facer a reportaxe escrita, xa que non tiñamos claro o que había que poñer, e o mais fácil foi a investigación de empresas sustentables en Vigo, xa que hai moitas e fáciles de atopar. Se tivese que repetir o proxecto cambiaría a reportaxe escrita e o vídeo da entrevista xa que nos quedou bastante mal, e non cambiaría a empresa xa que encantoume a visita e traballar sobre ela,